Aldea Alfacuca

Aldea Alfacuca

Ubicación: A Alfacuca, San Antoíño, Louredo 

Actualmente restaurada para ser un espazo de actividades lúdicas, educativas, sociais, culturais de ocio e tempo libre.

Conta cunha vivenda tradicional en ruínas que ten asociadas un canastro de tipoloxía mixta e varias cortes para o ganado. A vivenda conta cun forno labrado en pedra, fregadoiro, lacenas e mesmo os restos dun lagar. Todos estes elementos perderon xa a súa cubrición orixinal, permanecendo en pé os muros e elementos estruturais labrados en pedra. A vivenda e as cortes foron levantados en cachotería concertada (opus incertum) de baixa calidade. Pola contra, o hórreo foi levantado utilizando unha cantería de gran calidade.

Desenvolvido polo alumnado do Obradoiro de Emprego Mocidade no Camiño

Copyright © 2021 - Concello de Mos