CONSELLOS

Debes prepararte previamente antes de iniciar o Camiño de Santiago. Realiza camiñadas as semanas previas, adestramentos que irás aumentando gradualmente en tempo e en dificultade.

  • Planifica as etapas e a forma de facelas de xeito personalizado. Que o Camiño se adapte ás túas capacidades físicas e aos teus obxectivos. Dosifica o esforzo e sigue o teu propio ritmo. O Camiño non é unha carreira. Tan importante é o traxecto como a meta.
  • Os exercicios de quentamento e de estiramento muscular han de ser constantes mentres se está a facer a ruta. Prestalles especial atención aos xemelgos.
  • Se fas o Camiño en bicicleta, procura facer etapas de entre 60 e 100 km. Procura ir acompañado e ten especial coidado co tráfico e cos peregrinos que van a pé. A época ideal para facelo é a comezos de setembro, xa que o clima resulta agradable e os días son aínda longos.
  • E unha última recomendación: non tires nada ao Camiño. Hai colectores en cada vila para depositar os desperdicios. Coida esta ruta milenaria que se estende ante ti, e protéxea.

Desenvolvido polo alumnado do Obradoiro de Emprego Mocidade no Camiño

Copyright © 2021 - Concello de Mos