Cruceiro dos Cabaleiros

Cruceiro dos Cabaleiros

Ubicación: Estrada Alto de Barreiros-Santiaguiño, Mos

Data de construción: 1733

Patrimonio material: Cruceiro

Datado en 1733 e coroado co Santísimo Cristo da Victoria. Existen varias lendas arredor da aparición desta imaxe, hoxe gardada na colexiata de Santa María, en pleno casco vello de Vigo. As que gozan de maior aceptación son similares e están vinculadas ao mar. Uns pescadores vigueses rescatárona das augas do Atlántico para devolvela a terra. A imaxe é unha das máis populares en Vigo, e cada ano congrega a miles de fieis ó seu redor. A súa reproducción neste antigo e curioso cruceiro está custodiada por dous farolillos, un a cada lado.

Desenvolvido polo alumnado do Obradoiro de Emprego Mocidade no Camiño

Copyright © 2021 - Concello de Mos