
- Este evento pasou.
Festa Arde O Pazo
Abril 27, 2022

Esta festa revive o paso do exército de Napoleón polo Val da Louriña . Ó longo de todo o día revívense episodios históricos en relación con estes feitos. Pola mañá represéntase a entrada do exército francés, o saqueo e os roubos no mercado de Mos finalizando co apresamento dos marqueses. Pola tarde represéntase a chegada dos guerrilleiros da Louriña, o apresamento dos soldados franceses e o seu posterior aforcamento. A festa finaliza coa tradicional queima do pazo dos marqueses, cun xogo de luces e fogos de artificio. Ademáis de ofrecer na rúa postos de artesanía e de gastronomía.