Festa da Prehistoria

Parque Forestal Penacova Parque Forestal Penacova, Mos, Pontevedra

Esta festa celébrase no parque forestal da Penacova no mes de xuño. É a única festa temática prehistórica de toda Galicia e foi pioneira a nivel nacional deste tipo de celebracións. Durante unha fin de semana, os participantes organízanse en tribos a modo das sociedades prehistóricas, constrúen chozas, e participan en actividades relacionadas coa cultura […]

De balde

Festa do Polbo

San Cosme PO-331, 36310 Vigo, Pontevedra, Mos, Pontevedra

A festa consiste na degustación desta delicia gastronómica de arraigo en toda Galicia. Así mesmo este evento está acompañado por diversas actuacións musicais de folk durante todo o día no alto de San Cosme, na parroquia de Cela. Celébrase normalmente o último domingo de xullo.

Festa do Rabo e Orella de Porco

Lugar dos Cabaleiros na parroquia de Santa Eulalia de Mos. Cabaleiros, Parroquia de Santa Eulalia de Mos., Mos, Pontevedra

Celébrase o terceiro domingo de setembro no lugar dos Cabaleiros na parroquia de Santa Eulalia de Mos. Coa chegada do frío de outono estes prezados produtos degústanse  amenizados polas diversas actuacións musicais e exposicións de coches e motos antigas

Festa do Codillo

Pazo de Mos Camiño da Rua, 1, 36415, Pontevedra, Mos, Pontevedra

Esta festa ademáis de gastronómica conta con diversos actos culturais así como grupos  folclóricos, bandas de música e outros, tanto galegos como de outras comunidades que nos amenizan a festa.

Festa Arde O Pazo

Pazo de Mos Camiño da Rua, 1, 36415, Pontevedra, Mos, Pontevedra

Esta festa revive o paso do exército de Napoleón polo Val da Louriña . Ó longo de todo o día revívense episodios históricos en relación con estes feitos. Pola mañá represéntase a entrada do exército francés, o saqueo e os roubos no mercado de Mos finalizando co apresamento dos marqueses. Pola tarde represéntase a chegada […]

Festa da Rosa

Concello de Mos Rúa Reguengo, s/n, 36415 Mos, Pontevedra, Mos, Pontevedra

Celébrase sempre o 13 de xuño e xurdiu no ano 1973 para enxalzar a Rosa dos Quirós, marqueses dos que se herdou o emblema presente no escudo do Concello. Neste mesmo día celébrase o tradicional concurso de ramos de rosa.

Desenvolvido polo alumnado do Obradoiro de Emprego Mocidade no Camiño

Copyright © 2021 - Concello de Mos