Igrexa de Santa Baia de Mos

Igrexa de Santa Baia de Mos

Ubicación: Parroquia de Mos, Mos. 

Data de construción: Século XVI

Patrimonio material: Igrexa

Igrexa construída no século XVI. Incendiada polos franceses a comezos do século XIX xa que os marqueses de Mos se negaron a recoñecer a Napoleón Bonaparte como rei de España. No seu interior destacan os retablos barrocos e os frescos que aínda hoxe se distinguen sobre as paredes e bóvedas da igrexa, dentro tamén se atopan os restos dos primeiros marqueses de Mos, Don Gabriel Sarmiento de Soutomaior e a súa esposa, María Bernarda de Alsacia Arember, falecidos en 1706 e 1729 respectivamente.

Desenvolvido polo alumnado do Obradoiro de Emprego Mocidade no Camiño

Copyright © 2021 - Concello de Mos