Igrexa de San Martiño de Tameiga

Igrexa de San Martiño de Tameiga

Ubicación: Parroquia de Tameiga, Mos

Data de construción: Século XVIII

Patrimonio material: Igrexa

Situada nun contorno urbano, este templo foi datado por Pereira Molares no século XVIII. De autor descoñecido, esta estudiosa defínea como un “modelo habitual de planta rectangular con ábsida cadrada, que conforma un corpo máis estreito e alto que a nave, e que se completa cunha sacristía adosada ao costado meridional. Todo o edificio está executado nunha sólida sillería.

A fachada principal presenta o característico esquema pentagonal, coroado no seu vértice superior mediante un campanario -construído en 1906-, en substitución da espadana que tiña orixinalmente. O frontispicio, de sillería perfectamente rectangular, organízase como un lenzo liso, enmarcado mediante pilastras angulares de escaso resalte, en cuxo centro se dispoñen os elementos conformadores da portada, seguindo unha ríxida organización vertical.

Desenvolvido polo alumnado do Obradoiro de Emprego Mocidade no Camiño

Copyright © 2021 - Concello de Mos