Igrexa de San Miguel de Pereiras

Igrexa de San Miguel de Pereiras

Ubicación: Parroquia de Pereiras

Data de construción: Séculos (XVI-XVIII)

Patrimonio material: Igrexa 

Datada na Idade Moderna (XVI-XVIII). A igrexa presenta unha soa nave rectangular e un presbiterio cadrado máis estreito, á que se lle engadiu no lado norte a sacristía. A fachada presenta no seu centro unha porta alintelada e moldurada con orelleiras interiores e superiores. Nas esquinas superiores ten unha labra de adorno de follas na pedra. No interior destacan tres retablos barrocos. O maior adicado a San Miguel no que destaca unha imaxe empuñando unha espada e con Satanás aos seus pés. O retablo lateral esquerdo está adicado ao mártir San Sebastián, o cal tivo en séculos anteriores unha confraría nesta parroquia e unha devoción que todavía existe. O retablo lateral dereito está adicado á Nosa Señora do Rosario. Este retablo o preside unha imaxe de “vestir” da titular na súa advocación do Rosario.

Desenvolvido polo alumnado do Obradoiro de Emprego Mocidade no Camiño

Copyright © 2021 - Concello de Mos