Igrexa de San Salvador de Louredo

Igrexa de San Salvador de Louredo

Ubicación: Parroquia de Louredo

Data de construción: Século XII

Patrimonio material:  Igrexa

A igrexa é de orixe románica do século XII e retocada no XIII. Porén, sufriu importantes cambios estruturais a finais do século XVIII. Consérvanse canzorros nos muros laterais antecedendo ao beirado e á cornixa. A torre foi construída en 1722, con base cadrada. No interior hai un escudo de armas que fai referencia á liñaxe dos Lanzos e Taboada, así como un sepulcro situado na Capela Maior. A igrexa sufriu un incendio o 10 de marzo de 1996, que destruíu o teito da nave central. En 1997 rehabilitouse. No enreixado da igrexa hai un peto de ánimas, presidido pola Virxe do Carme.

Desenvolvido polo alumnado do Obradoiro de Emprego Mocidade no Camiño

Copyright © 2021 - Concello de Mos