Ubicación: A Gándara, Mos
Patrimonio material: Parque temático
No parque da Pena Cova celébrase celébrase a festa da prehistoria no mes de xuño. É a única festa temática prehistórica de toda Galicia e foi pioneira a nivel nacional deste tipo de celebracións. Durante unha fin de semana, os participantes organízanse en tribos a modo das sociedades prehistóricas, constrúen chozas, e participan en actividades relacionadas coa cultura e costumes desta época. Destaca a tradicional representación sobre o Penedo da Pucha onde se produce un enfrontamento simulado entre as tribos.