Paseo do río Louro

Paseo do Río Louro

Ubicación: Parroquia de Mos, Mos

É un paseo que discorre ao longo do río Louro en Mos. O Louro é un afluente pola dereita do Miño, aproveita o seu cauce a fractura Norte-Sur entre a parroquia de Louredo en Mos e Tui, parte integrante da Depresión Meridiana. O Río Louro era coñecido co nome do Lour, Lur e Laur; esta voz de Louro é galega e portuguesa, e quere dicir cousa verde ou entre verde e madura. Isto débese a que as augas do río son entre verdes e claras, ou tamén a que a terra por onde discorre non deixa maduralos froitos, ó mesmo tempo que noutras zonas.

Desenvolvido polo alumnado do Obradoiro de Emprego Mocidade no Camiño

Copyright © 2021 - Concello de Mos