Utilidades

Rede wifi

Os puntos de acceso wifi son moi demandados na actualidade, polo que nos albergues é gratuíto para os peregrinos, conseguindo deste xeito que lles sexa máis sinxelo solicitar información importante para a súa viaxe, como a meteorolóxica, os recursos dispoñibles ao seu alcance, o seu percorrido…, ou compartir a súa experiencia e manterse en contacto con familia e amigos.

Por isto tamén se ofrece un directorio dos puntos de acceso wifi presentes ao longo do Camiño: cafeterías, restaurantes, aloxamentos…

cobertura 3G/4G ao longo dos distintos tramos facilita a comunicación e ofrece posibilidades maiores á hora de contar e transmitir a experiencia que supón a ruta xacobea.

Dispositivos móbiles

Hoxe en día case ninguén se lanzaría á aventura sen o seu teléfono móbil, xa sexa como medio de comunicación, como dispositivo no que poder capturar os momentos máis memorables da viaxe, como guía informática ou como GPS; pero ao mesmo tempo esta cantidade de aplicacións lévanos á súa maior limitación durante unha viaxe: a batería.

Para tentar que isto non supoña un gran problema, durante o Camiño ofrécense unha serie de consellos para aforrar batería, e ademais márcanse puntos nos que os peregrinos poden recargala, como albergues ou cafeterías.

Aplicacións móbiles recomendables

Suxeriranse aos peregrinos diferentes utilidades e servizos así como apps de terceiros que lles ofrezan información: albergues, outros lugares de aloxamento, como casas rurais, puntos de interese ou establecementos nos que poder gozar da gastronomía local para facilitar a súa viaxe a través do Camiño.

Tamén teñen á súa disposición outra serie de aplicacións de uso máis xeral, non tan relacionado co Camiño, pero que recollen outras informacións de interese: eventos culturais que se celebren en Galicia, información meteorolóxica, guía sobre parques naturais, información sobre outras rutas, como as do viño, e moitas outras.

Redes sociais e o Camiño

As redes sociais son o medio por excelencia a través do que contar e compartir a experiencia do Camiño de Santiago.

Por isto ofrécese a posibilidade de manter as contas de redes sociais a través da app do Camiño e do portal Smart Camiño, para que sexa máis fácil xestionalas e publicar.

contacto con outros peregrinos que estean a facer o Camiño ofrece a posibilidade de atopar compañeiros de viaxe durante calquera momento ao longo da ruta que nos leva a Santiago.

A comunidade dixital do Camiño presenta tamén a integración con redes sociais, na que ademais podemos participar en foros sobre  o mesmo, xa sexa para compartir a nosa experiencia ou pedir consello aos “Embaixadores do Camiño” (comunidade de expertos) se decidimos peregrinar por primeira vez.

Portal Camiño de Santiago

O portal do Camiño de Santiago ofrécenos diferentes servizos para axudarnos á hora de realizar o Camiño, xa sexa a primeira vez que nos aventuramos a facelo ou se simplemente queremos repetir outra vez a experiencia.

Desenvolvido polo alumnado do Obradoiro de Emprego Mocidade no Camiño

Copyright © 2021 - Concello de Mos