Pazo dos Marqueses de Mos

Pazo dos Marqueses de Mos

Ubicación: Parroquia de Mos, Mos. 

Data de construción:  Século XVII

Patrimonio material: Pazo

Construcción datada no século XVII e lugar de residencia dos Marqueses de Mos ata que foi incendiado en 1809 polas tropas do exército napoleónico. Trátase dun típico pazo galego, con estructura renacentista en forma de L, onde destacan os tres balcóns de granito labrados e dúas chemineas rematadas en esfera moi características da época de influencia herreriana. Na década dos setenta, a propiedade, a finca e o Pazo, foi adquirido pola empresa Industrias Frigoríficas do Louro que construíu un criadeiro de gando vacuno. A principios dos anos 80 a propiedade cambiou, sendo adquirido polo Grupo Coren, empresa que cedeu a propiedade das ruínas do Pazo á veciñanza. Despois do gran período de abandono e ruína o pazo foi reconstruido na primeira década do século XXI e hoxe é utilizado para diversos actos veciñais e municipais.

Desenvolvido polo alumnado do Obradoiro de Emprego Mocidade no Camiño

Copyright © 2021 - Concello de Mos