Peto de ánimas Cristo Belén

Peto de Ánimas Cristo de Belén

Ubicación: Campo de Eiró, parroquia de Pereiras

Patrimonio material: Peto de ánimas

Conxunto de recente factura localizado nunha encrucillada da parroquia de Pereiras. Consta dunha cruz granítica de moita antigüidade elevada sobre un fuste que amosa un Cristo crucificado policromado e modelado en xeso. A peza amósase protexida por un baldaquino ou templete popular con cuberta a unha auga sustentado por arcos rampantes laterais apoiados nun fondo mural. O acceso ao cruceiro aparece limitado por un enreixado metálico.

Desenvolvido polo alumnado do Obradoiro de Emprego Mocidade no Camiño

Copyright © 2021 - Concello de Mos