Ubicación: Camiño da Candosa, Mos
Data de restauración: 2009
Patrimonio material: Sendeiro
Pequena ruta a carón do Rego da Salgueira, ten uns 3 kilómetros de percorrido ida e volta, non é circular. No transcurso do camiño pódense apreciar unha serie de muíños cos seus acuedutos, entre eles o muíño do Capellán , restaurado en 2009, e o muíño do Rial. Nalgúns deles están dispoñibles paneis informativos de como era o funcionamento destas estruturas imprescindibles para a poboación galega.