Ruta dos muíños de Tameiga

Ruta dos Muíños de Tameiga

Ubicación: Tameiga, Mos

Patrimonio material: Muíños

Os muíños son unha sabia combinación de arquitectura e tecnoloxía, unha edificación simple que acolle un complexo dispositivo mecánico accionado pola forza da auga. Está composto pola presa, que ten por obxecto captar a auga do río; a gavada ou lovada, que conduce a auga da presa cara o muíño salvando o desnivel do terreo; a canle que conduce a auga cara o rodicio, unha roda hidráulica con paletas curvas eixo vertical que move a moa; e a edificación do muíño propiamente dita, un sinxelo edificio de planta rectangular e uns 8m/2 de superficie, cuberto por un tellado a dúas augas constituído por paredes de canteira irregular nos que unicamente se practican dous vanos, o que permite o acceso e o que está destinado a introducir luz natural no interior do muíño.

A meirande parte dos muíños da comarca da Louriña pertencen a modalidade de canle, característico por ter que administrar un pequeno caudal de auga que, procedente da lovada, condúcese rapidamente cara o rodicio a través da canle para bater contra o primeiro de maneira tanxencial.

Desenvolvido polo alumnado do Obradoiro de Emprego Mocidade no Camiño

Copyright © 2021 - Concello de Mos