Zona de descanso de María Magdalena

Zona de descanso de María Magdalena

Ubicación: Rúa as Baloutas, Veigadaña

Ao carón da casa da poetisa mosense María Magdalena (1922-2021), sitúase esta zona de descanso que consta dunha mesa de pedra, un cruceiro, unha fonte e unha escultura en homenaxe á nosa autora. No monumento podemos ler un fragmento dun dos seus poemas en honra ao Camiño de Santiago e ás persoas que o percorren na súa peregrinaxe. Son moitas as persoas que ao seu paso depositan pedras ou calquera outro tipo de ofrenda.

Desenvolvido polo alumnado do Obradoiro de Emprego Mocidade no Camiño

Copyright © 2021 - Concello de Mos